Miguel Romero seleccionado para o Campionato do Mundo de Judo
Por fin! Esta é a palabra que mellor pode resumir a noticia da participación do judoka Miguel Romero Azpitarte no próximo Campionato do Mundo Absoluto de Judo que se celebrará en Xapón o próximo mes de setembro, participación que vén culminar non só un ano brillante de magníficos resultados, especialmente a medalla na World Cup de Madrid, senón toda unha traxectoria de ilusión, esforzo e traballo que se ve recompensada coa súa primeira participación mundialista, participación que se antollaba vital no difícil camiño cara ás olimpíadas de Londres 2012.
Miguel Romero bronce na World Cup de Madrid
Miguel Romero alzouse coa medalla de Bronce na World Cup de Madrid 2010 onde disputou 6 combates demostrando a súa valía e nos que tan só non conseguí imporse ó georgiano Tatalashvili.
Neste primeiro campionato puntuable para as olimpiadas de Londres que se disputa en Europa, Miguel enfrontouse na Caixa Máxica madrileña ós judokas:
1º Combate: Gaña a Barhoumi Hanza de Tunez.
2º Combate: Gaña a Jorge Fernández de Portugal.
3º Combate: Gaña a Tomasz Adamiec de Polonia.
4º Combate: Perde con Tatalashvili de Georgia.
5º Combate: Gaña na repesca a Bottieau Jean Yves de Bélxica
6º Combate Gaña o bronce cun ippon de inmovilización ó estonio Rothberg Kunter
5 xuño 2010 (fonte adfamu.com)

CONGRESO DE MESTRES DE JUDO- 17 ABR 2010
GALA DO JUDO GALEGO- 17 ABR 2010
ÁLBUM 1 - ÁLBUM 2 - ÁLBUM 3 - ÁLBUM 4
SECTOR CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23 - 10 ABR 2010
ÁLBUM CORTESÍA DE ROI RODRÍGUEZ - ÁLBUM CORTESÍA DE EDUARDO VÁZQUEZ
XOGAJUDO 2010: "DEPORTE FÁCIL E DIVERTIDO (XORNADA 2)- 27 MAR 2010
XIII TROFEO INTERNACIONAL CADETE DE FUENGIROLA - 27 MAR 2010
CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR - 20 MAR 2010
XOGAJUDO 2010: "DEPORTE FÁCIL E DIVERTIDO (XORNADA 2)- 13 MAR 2010
CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE - 27 FEB 2010
...por PIER VEIRA
MARCIAL ROMERO AZPITARTE - Responsable C.G.T.D.
Preinscripción C.G.T.D. 2010/2011