LAURA BAJO BORLÁN - (FAMU) 5ª -57kg
IJF GRAND MASTERS WORLD CHAMPIONSHIPS
08-11/11/2012
PEDRO ALONSO FERNANDEZ DO CLUB FAMU DE VIGO SUBCAMPIÓN DO MUNDO M5 MASTER DE JUDO
XXI TORNEO INTERNACIONAL CIUDAD DE HONDARRIBIA - COPA ESPAÑA CADETE
03/11/2012
PLAY OFF LIGA INTERNACIONAL DE CLUBES - 10º TROFEO DE JUDO "CIDADE DE OURENSE"
03/11/2012
O CLUB FAMU DE FRUTOS DE VIGO NA CATEGORÍA FEMININA E O CLUB LOURDES TUVASA DE VALLADOLID NA CATEGORÍA MASCULINA, CAMPIÓNS NA 10ª EDICIÓN DA LIGA INTERNACIONAL DE JUDO POR CLUBS 2012 - "TROFEO CIDADE DE OURENSE"
O Pavillón Municipal de Oira en Ourense foi o escenario dos Play Off finais da 10ª edición da Liga Internacional de Clubs - Trofeo de Judo "Cidade de Ourense" que se disputou o pasado sábado entre o catro mellores clubs da fase regular, categoría feminina e masculina, organizada pola Federación Galega de Judo e D. A. coa colaboración do Excmo. Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Os 4 equipos clasificados para o play off final en cada categoría cruzáronse o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro quedando así a clasificación final:

CRÓNICA COMPLETA
RANKING NACIONAL CADETE MASCULINO 2011/2012
RANKING NACIONAL CADETE FEMENINO 2011/2012
BRONCE E 5º POSTO PARA OS JUDOKAS GALEGOS MARCOS CORTIÑAS E MIGUEL RIOPEDRE, RESPECTIVAMENTE, NO OPEN DE MADRID SUB23
21/10/2012
3ª XORNADA LIGA INTERNACIONAL DE CLUBES - 10º TROFEO DE JUDO "CIDADE DE OURENSE"
20/10/2012
O CLUB FAMU DE FRUTOS DE VIGO, IMBATIDO, PROCLAMASE CAMPIÓN DA FASE REGULAR DA LIGA DE JUDO POR CLUBES NA CATEGORÍA MASCULINA E NA CATEGORÍA FEMININA
O sábado día 20 de outubro disputouse no Pavillón Municipal de Oira en Ourense, a última xornada da fase regular da LIGA INTERNACIONAL DE JUDO POR CLUBS - 10º TROFEO DE JUDO "CIDADE DE OURENSE", que organiza a Federación Galega de Judo baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do Excmo. Concello de Ourense, coa presenza de fichaxes sorpresa, os mellores judokas do sector noroeste e moita espectacularidade nos combates. Igual que nas anteriores xornadas destacar a presenza de grandes deportistas e a igualdade na loita polo catro primeiras prazas, que foi a tónica xeral.
CLASIFICACIÓN MASCULINA FASE REGULAR
CLASIFICACIÓN FEMININA FASE REGULAR
CAMPUS INTERNACIONAL DE ENTRENAMENTO "CIDADE DE VIGO"
12/10/2012
Éxito de participación no Campus Internacional “cidade de Vigo” de Judo coa presenza de 180 judokas e 25 adestradores.
SUPERCOPA DE ESPAÑA DE JUDO SUB16 - XVII GRAN PREMIO INTERNACIONAL "CIDADE DE VIGO" - MEMORIAL LUIS SORIA ABIA
12/10/2012
Éxito de participación no 17º Gran Premio Internacional de Vigo de Judo.
Máis de trescentos judokas tomaron parte na Súper Copa de España Cadete, Galicia obtivo un total de 7 medallas, 2 ouros, 3 pratas e 2 bronces.
CRÓNICA COMPLETA
MEDALLEIRO (Actualizado)
RESULTADOS COMPLETOS
2ª XORNADA LIGA INTERNACIONAL DE CLUBES - 10º TROFEO DE JUDO "CIDADE DE OURENSE"
06/10/2012
Empezan a perfilarse os favoritos a entrar nos Play Off finais da 10ª edición da Liga Internacional de Judo XUNTA DE GALICIA por Clubs - TROFEO DE JUDO CIDADE DE OURENSE tras a disputa da segunda xornada.
Desta segunda xornada, disputada no Pavillón Municipal de Oira de Ourense baixo a organización da Federación Galega de Judo e o patrocinio do Excmo. Concello de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, cabe destacar o encontro que enfrontaba a dous dos favoritos na categoría masculina, o club FAMU FRUTOS A de Vigo e o J. C. ARTEIXO de Coruña que se resolveu coa vitoria por 3 a 1 a favor do equipo vigués. Os vigueses lideran imbatidos a categoría masculina e son favoritos para entrar no Play Off xunto ao Judo club ARTEIXO e o club valisoletano LOURDES TUVASA, actual campión; os tres parecen ter asegurada a súa praza.
Pola súa banda na categoría feminina as mozas do club FAMU FRUTOS A de Vigo marchan tamén imbatidas e son líderes destacadas seguidas en segunda posición do JUDO LUGO, do J. C. ARTEIXO de Coruña que ocupa a 3ª praza e do JUDO CLUB AVILÉS de Asturias como 4º clasificado.
A derradeira xornada da Fase regular vaise a disputar o vindeiro día 20 de outubro no Pavillón Municipal de Oira de Ourense da que sairán os catro equipos de cada categoría, masculina e feminina, que disputarán os Play Off finais.
CLASIFICACIÓN MASCULINA
CLASIFICACIÓN FEMININA
VARIACIÓN NA CLASIFICACIÓN MASCULINA
1ª XORNADA LIGA INTERNACIONAL DE CLUBES - 10º TROFEO DE JUDO "CIDADE DE OURENSE"
22/09/2012
CLASIFICACIÓN
ADESTRAMENTO INTERNACIONAL MARINHA GRANDE
14-16/09/2012
A selección galega de judo acudiu esta fin de semana á Concentración Internacional de Marinha Grande (Portugal) dentro das actividades programadas no convenio de cooperación deportiva coa federación portuguesa de judo. Esta concentración organizada e coordinada polo profesor Antonio Saraiva contou coa presenza de varios adestradores de prestixio de Portugal e medallistas internacionais entre os que destaca Joao Pina, recentemente olímpico en Londres.
COMUNICAMOS O PASAMENTO DE LUIS VILELA CAMIÑO, PIONEIRO E INTRODUTOR DO JUDO EN GALICIA
01/09/2012

COPA DE EUROPA JÚNIOR DE BERLÍN
11-12/08/2012
De moi boa actuación pódese valorar a participación dos judocas galegos representando a ESPAÑA na Copa de Europa de Berlin, entre máis de 31 paises europeos, ademáis de Canadá, Brasil e Xapon.
Entre 551 participantes realizaron moi bos combates ante os mellores rivais buscando a súa clasificación para o Cto.de Europa Júnior 2012 a celebrar en Croacia do 21 ao 23 de setembro.
-55 Kgs. Miguel Riopedre 9º clasificado
-70 Kgs. Sara González 9ª clasificada
-100 Kgs. Sergio Trillo 7º clasificado
Na foto os galegos coa coruñesa Sofia Toro, Medalla de Ouro Olimpica en Londres, á súa chegada ao Aeroporto de Baraxas.
24º CONCENTRACIÓN CADETE DE JUDO - PONTEVEDRA 2012 MASC. E FEM.
16-20/07/2012
O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta semana a 24ª Concentración Internacional de Judo que se está celebrando no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra coa presencia dos equipos nacionais das categorías sub- 23 e junior á que tamén asisten as seleccións autonómicas de Galicia, Asturias e Navarra.
AMPLIAR NOVA
FOTOGRAFÍAS
24º CONCENTRACIÓN CADETE DE JUDO - PONTEVEDRA 2012 MASC. E FEM.
16-20/07/2012
CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE CASTELLDEFELS
29/06-06/07/2012
XIII CONGRESO GALEGO DE MESTRES DE JUDO - XVI CEA/GALA DA FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO
16-17/06/2012
O SECRETARIO XERAL PARA EL DEPORTE, JOSE RAMÓN LETE LASA, RECIBE A MEDALLA DE OURO AO MÉRITO DEPORTIVO DA REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUDO
Tras o éxito das 12 edicións anteriores, o Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo (Pontevedra) acolleu esta fin de semana o: 13º CONGRESO DE MESTRES DE JUDO DE GALICIA, que organizou a Escola Federativa da Federación Galega de Judo coa presencia de 60 Mestres de Judo de toda Galicia baixo o patrocinio da EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e a SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE
AMPLIAR NOVA
MEMORIA CONGRESO
FOTOGRAFÍAS GALA
FOTOGRAFÍAS PONENCIA PACO LORENZO
FOTOGRAFÍAS PONENCIA ÓSCAR PEÑAS
FOTOGRAFÍAS VICENTE CARRATALÁ
MIGUEL ROMERO OBTÉN A MEDALLA DE PRATA NA COPA DO MUNDO DE JUDO - MADRID 2012
02/06/2012
O Pavillón 2 da "Caja Mágica" en Mdrid foi o escenario da Copa do Mundo de Judo - Madrid 2012.
Grande actuación do judoka vigues Miguel Romero (A.D. Famu) que obtivo a medalla de prata na categoría de -73kg, na que tomaban parte 25 judokas, tras caer con unha polémica actuación arbitral por dúas sancións a unha ante Javier Ramirez ao que derrotou este ano na final do Campionato de España.
Antes deso tivo que disputar tres combates xa que o sorteo fíxolle librar a primeira rolda:
1º Combate: Gana a Daniel Costa de Portugal.
2º Combate: Gana a Muki Sagi de Israel.
3º Combate: Gana a Ares Herrero de España.
Pola súa parte o outro judoka galego seleccionado, Alejandro Sanmartín (Judo Club Coruña) non tivo sorte e caeu eliminado no 1º combate.

Na segunda e última xornada da Copa de Europa Júnior clasificatoria para o Europeo a selección galega estivo á altura de novo como na xornada do sábado, logrando sumar unha prata ao Ouro conseguido onte por Sara González en 70kg, e o bronce de Miguel Riopedre en 55kg.
O evento Organizado pola Federación Galega de Judo, está patrocinado polo Concello da Coruña, contando ademais coa colaboración da Secretaría Xeral para ou Deporte.
A Deputación Provincial da Coruña, Noris NKL, Coca-cola e O Colexio Galego de Fisioterapeutas apoiaron o evento internacional.
CRÓNICA
RESULTADOS COMPLETOS
CRÓNICA NA WEB DA UNIÓN EUROPEA DÍA 26
CRÓNICA NA WEB DA UNIÓN EUROPEA DÍA 27
RESULTADOS: CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR DE JUDO - INFANTIL E CADETE
12-13/05/2012
CATEGORÍA CADETE
ALBERTO GAITERO MARTIN - FINISTERRE / OURO
ALEXIS ROSA MOYA - FINISTERRE / PRATA
LAURA LOPEZ LORENZO - SENRA / 5ª
TOMAS MUCIENTES SISTO - BITACORA / 5º
BRAIS BOUTUREIRA TABOADA - CAMBRE / 5º
CATEGORÍA INFANTIL
ALBERTO GARCÍA - J.C. CORUÑA /OURO
IRENE MORIN JIMENEZ - SHIAI / PRATA
LUZ CRESEVICH - MARÍA PITA /BRONCE
ELSA MONTERO GESTAL - OLEIROS / 5º
JOSE RIOPEDRE FERNANDEZ - CORUÑA / 5º
ANDREA ROBLA - J.C. CORUÑA/5º
RESULTADOS FINAIS: LIGA GALAICO-LUSA
12-13/05/2012
J.C.ARTEIXO CAMPIÓN MASCULINO E FEMININO
24º TROFEO MIGUELITO DE JUDO
22/04/2012
RESULTADOS: X TROFEO DE JUDO "CIDADE DE LUGO" - OPEN DE ESPAÑA SUB23
21/04/2012
RESULTADOS
FOTOGRAFÍAS
FOTOGRAFÍAS (Cortesía de HAJIME JUDO)
RESULTADOS: I OPEN ESPAÑA DE JUDO PARA VETERANOS
21/04/2012
RESULTADOS: CAMPIONATO ESCOLAR DE JUDO 2012 - FASE FINAL DO CAMPIONATO DE GALICIA INFANTIL E CADETE
15/04/2012
Co patrocinio da Secretaría Xeral e a colaboración do Concello de Arteixo, celebrouse o Campionato de Galicia Escolar nas categorías infantil e cadete.
No evento estiveron presentes: o Alclade de Arteixo, D.Carlos Calvelo Martínez, a Concelleira de Deportes, Da. Purificación Zas Rodríguez, o Presidente da Federación Galega D. Mario Muzas Cobo e o Xefe de Servizo Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte D. Roberto García.
AMPLIAR NOVA (RESULTADOS)
FOTOGRAFÍAS CATEGORÍA INFANTIL
FOTOGRAFÍAS CATEGORÍA CADETE
RESULTADOS: COPA EUROPA CADETE DE PORTUGAL
Coimbra, 14-15/04/2012
ALEXIS ROSA MOYA - PRATA EN -81 KG.
ALBERTO GAITEIRO MARTÍN - 5º EN -55 KG.
RESULTADOS: CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE JUDO - FASE FINAL
13-14/04/2012
MIGUEL RIOPEDRE FERNÁNDEZ - OURO (-55 KG.)
TECLA CADILLA ACEVEDO - OURO (-52KG.)
SARA GONZÁLEZ GRANDAL - OURO (-70KG.)
SERGIO TRILLO VALEIRO - OURO (-100KG.)
PABLO TRILLO VALEIRO - BRONCE (-81KG.)
PAULA YÁÑEZ MARTÍNEZ - BRONCE (-78KG.)
ERIC BARCELÓ RODRÍGUEZ - 5º (-55KG.)
DANIEL CASTRILLÓN ALVEDRO- 5º (-100KG.)
GALICIA MELLOR AUTONOMÍA POR MEDALLAS OBTIDAS - CONSULTA AQUÍ A ESTADÍSTICA OFICIAL
COMUNICAMOS O FALECEMENTO O PASADO DÍA 9 DE ABRIL AOS 85 ANOS DE IDADE DO MESTRE DE JUDO E PIONEIRO EN VIGO, D. LUIS SORIA ABIA
RESULTADOS: CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE JUDO - Fase Sector Oeste Sub 20 Masculina e Feminina
01/04/2012
Galicia clasifica 21 judokas para a fase final junior de Madrid; 4 directos e 17 no sector que dominou con 20 medallas, 7 ouros, 6 pratas, 4 bronces terceros e 3 bronces cuartos.
RESULTADOS COMPLETOS
FOTOGRAFÍAS
RESULTADOS: XV TORNEO INTERNACIONAL DE JUDO - COPA DE EUROPA CADETE FUENGIROLA
24/03/2012
ALEXIS ROSA MOYA - BRONCE EN -81 KG.
TOMÁS MUCIENTES SISTO - 5º EN -55KG.
VICTOR HUGO ENRIQUES FERNÁNDEZ - 7º EN -50KG.
AITOR LÓPEZ GARCÍA - 7º EN -66KG.
FOTOGRAFÍAS
RESULTADOS: FASE SUR CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR
24/03/2012
RESULTADOS
FOTOGRAFÍAS
RESULTADOS: FASE NORTE CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR
Cambre, 24/03/2012
AMPLIAR NOVA
FOTOGRAFÍAS
RESULTADOS: COPA EUROPA JUNIOR PORTUGAL
Coimbra, 17-18/03/2012
AMPLIAR NOVA
FOTOGRAFÍAS
RESULTADOS: SUPERCOPA ESPAÑA INFANTIL E CADETE
Madrid, 17-18/03/2012
ALEXIS ROSA MOYA - 3º POSTO CADETE EN -81 KG.
IRENE MORIN JIMENEZ - 3º POSTO INFANTIL EN -36 KG. Este resultado a sitúa no 2º posto do Ranking Nacional deste ano
XOGAJUDO 2012 - A CORUÑA
17/03/2012
Xornada de Judo en Elviña (A Coruña).
Máis de 600 judokas benxamíns no Xoga-Judo
AMPLIAR NOVA
FOTOGRAFÍAS 09:45H
FOTOGRAFÍAS 11:45H
LETE LASA FELICITA Á SELECCIÓN GALEGA DE JUDO POLOS SEUS HISTÓRICOS RESULTADOS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DO PASADO FIN DE SEMANA
07/03/2012
AMPLIAR NOVA

MELLOR FEDERACIÓN AUTONÓMICA
26-27/02/2012
A Federación Galega de Judo recibiu en Pamplona durante a celebración do Campionato de España Absoluto de Judo o premio á mellor Federación Autonómica de Judo por CUARTA vez consecutiva.
RESULTADOS: CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE JUDO - FASE FINAL
03-04/03/2012
CATEGORÍA MASCULINA
- MIGUEL ROMERO AZPITARTE (FAMU) - OURO
- RUBÉN PERRINO PÉREZ (ARTEIXO) - 5º
- PEDRO TEIJEIROMIGUENS (J.C.CORUÑA) - 5º
- RAMÓN CASTRO RODRÍGUEZ (DO MAJÓ) - 5º
CATEGORÍA FEMININA
- SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA (LUGO) - OURO
- VANESA LÓPEZ RODRÍGUEZ (ARTEIXO) - BRONCE
- SARA GONZÁLEZ GRANDAL (RIAZOR-KARBO) - BRONCE
- CARLA MOSQUERA JOVE (SHIAI) - BRONCE
FOTOGRAFÍAS
GALA 50 ANIVERSARIO FEDERACIÓN BALEAR
26-27/02/2012
Esta pasada fin de semana a Federación Galega de Judo foi dobre protagonista na celebración do 50 Aniversario do Judo Balear celebrado en Mallorca.
En primeiro lugar cando recibiu o premio outorgado pola Federación Balear polo seu apoio e contribución a este deporte e en segundo lugar cando o noso Presidente recolleu en nome da familia De Frutos o recoñecemento ao mérito deportivo concedido a título postumo a D. Jose Luís De frutos Molinero co agradecemento e o agarimo de todo o Judo Balear.
Felicidades e parabéns a todos os nosos amigos do Judo Balear e en especial ao seu presidente Miguel Angel Bisquerra Rigo pola magnífica celebración.
XOGAJUDO 2012 - VIGO
25/02/2012
FOTOGRAFÍAS ALBUM 1
FOTOGRAFÍAS ALBUM 2